Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

CASTRO DE BAROÑA

Descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artistico Nacional ,este castro atopase no concello coruñés de Porto do Son ,caracterizase por estar ubicado dentro dunha peninsula situada na chamada Punta do Castro ,que soamente está unida a terra por un corto istmo de area, onde están as primeiras filas de pedras, que servirían como primeiro grupo defensivo .Seguidamente, atopamos un triple encintado de muros paralelos e escalonados dun metro de espesor e que finalizan na porta da entrada ,a cal está franqueada por unha torre trapezoidal.
Na zona sur , de máis difícil acceso, o muro é sinxelo ,tal vez porque a súa ubicación sobre as rochas xa dificultaba suficientemente o aceso o castro.
Unha vez no interior do poblado observamos , que se atopa dividido en duas partes ,unha superior e outra inferior, separadas por unha plaza que limita ó norte con un edificio rectangular.
As construcións son casi na súa totalidade, de planta circular nas casas non se observan nin portas nin ventás .
Unha das hipoteses máis sostidas é que estivo habitada por xente da tribu dos praestamarcos.
O Castro de Baroña, é o máis claro exemplo de castro de tipo maritimo, xa que non só se encadra dentro desta clasificación pola súa ubicación, xa que tamén faino por medio da vida dos seus habitantes.
Pero a maxestuosidade do Castro, non reside nos seus muros, porta de entrada (nun óptimo estado de conservación), ou nas súas contruccions; a beleza do Castro reside no lugar que elexiron os nosos antepasados para levantar a súa civilización e as suas urbes. A península rochosa perfectamente defendible por todos os seus flancos, nos cales o mar xogaba unha parte importante, e a súa fortificación no único acceso posible (tendo en conta os medios materiales da época), así como os acantilados co circundan converteno nunca fortificación, preparada para sufrir guerras, asedios, e os ataques dos exercitos mellor armados. Sen embargo, as últimas excavacions, abren a posibilidade de que de pouco serviron ante a chegada das tropas romanas.
En calquera caso,a citania permaneceu habitada ata época tardía ,posiblemente ata a chegada dos suevos .

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você