Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

DENDE O MEGALITICO AOS POBOS XERMÁNICOS

Existe una antiga tradición que atribue a orixe de Noia a unha neta de Jafet, fillo de Noe(desta lenda falarei máis adiante) .Aínda hoxe o escudo da vila empregado xa no siglo XVI ,recolle esta lenda nos seus emblemas, donde se ve a arca de Noe flotando sobre o mar,e encima dela, unha pomba cunha rama de olivo no pico .Deixando de lado os mitos,os restos máis antigos que conservamos dos primeiros habitantes destas terras pertencen ao periodo MEGALITICO (entre o 3000 e o 1000 a.c).De esta etapa son as mamoas,dolmens cubertos de terra…
No municipio de Lousame destacan as que se atopan na chaira de Casameá.
Entrando no concello de Noia,se collemos o camiño que vai o Páramo
Iremos dar ao dolmen de Argalo ,tamen chamado Cova da Moura, no cal se conservan as nove lousas,que o forman ,ainda que xa perdeu a súa cobertura.
Seguindo a nosa ruta en paralelo á costa faremos un alto en Outes, xa que en terras altas de Xende, Banzas e Valadares, poderemos observar mamoas de 10 a 15 metros de diámetro (Por exemplo A Casiña dos Mouros en Lestaio ou a mamoa de Terelle).

De tempos antigos tamen nos falan os petroglifos,incisións na pedra fechados na IDADE DE BRONCE (entre 1800 e 1000 a.c) ainda que tamen os hai anteriores e posteriores.
No lugar de Agro de Costa, cerca da igrexa parroquial de Lesende(Lousame) descubrironse unha serie de gravados de cazoletas, circulos, cadrados…,sobre unha rocha granitica.
Da mesma forma tamen podemos atopar petroglifos no concello de Outes concretamente na parroquia do Freixo, ao igual que na vila de Muros ,sendo recomendable visitar pola súa orixinalidade e fácil aceso,o de Laxe das Rodas, na parroquia de Louro.
Este foi descuberto en 1956, e según a opinión dos expertos relacionase co culto ao sol ,aventurando a posibilidade de que se empregase como calendario.

Nun momento aínda non definido cronoloxicamente acaba a Idade de Bronce e comeza a chamada CULTURA CASTREXA .Denominase así a esta etapa polo papel central que o castro ten na sociedade nese momento.
Unha das xoias do noso pais neste tipo de contrucións é o Castro de Baroña (Porto do Son).Este descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artistico Nacional ,ubicase sobre unha península batida fortemente polo mar.

Seguindo o devir histórico os ROMANOS chegan ata estas terras e encontran asentados na zona dous pobos: ao sur do Tambre (Tamaris) situabanse os Praestamarcos e ao norte os Supertamarcos.
Os dominadores recen cegados crearon unha rede de estradas. No territorio galego a maís extensa das catro existentes era a chamada Per loca marítima que discurría ao largo de toda a costa do Barbanza.
En Esteiro aínda quedan restos desta calzada romana en frente da illa da Creba.
No concello de Porto do Son atoparonse areas e estelas da época romana.


No século V POBOS XERMÁNICOS chegados de centroeuropa invaden a Hispania Romana, asentandose no noroeste peninsular os Suevos frente aos Visigodos que controlaban o resto da peninsula.
Este foron os creadores da actual división parroquial do territorio galaico.De esta epoca tamen son os Gliptogrifos da Carballa(Outes),un conxunto dunhas 150 esculturas, a maior parte delas en forma de cruz cubrindo unha superficie de 25 metros cadrados

A expasión do Islam que produxo na peninsula dende o século VIII,case non tivo influencia no noroeste.
Pese a esto,na nosa comarcas existían asentamentos de tropas musulmanas na illa da Creba e no Monte Louro,ata que foron expulsados de alí polo arzobispo Xelmirez



.


.

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você