Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

O MARIAQUEO NA RÍA

Hoxe como non podía ser doutra maneira dedícolle o meu post a todas esas mulleres que cada maña atopamos na nosa rías en busca do seu susbtento,e que realizan unha labor fundamental na economía galega.

O marisqueo na Ría de Noia-Muros foi dende sempre unha actividade realizada por mulleres, os homes pola contra soen facelo a flote en pequenas lanchas .As mulleres campesinas das aldeas da zona complementaban así os ingresos familiares ca labor de extracción de marisco.
A dura xornada de extracción comeza alá polo outono,e soe ser dunhas catro horas, adaptando o horario as mareas e as fases da lúa , levase a cabo con ferramentas como a azada e o “raño”.Os tractores e lanchas tamén axudan as mulleres neste duro traballo transportando as cestas co marisco ata as lonxas , donde se pesaran e seleccionaran os berberechos e as ameixas para realizar a subasta (á baixa )do marisco.


Un grupo de mariscadoras na ria de Noia-Muros.

A Agrupación de Mariscadoras trata de influír sen demasiado éxito nos prezos e calidades co obxetivo de facilitar a comercialización do producto,a partir da imposición dun limite na cantidade a recoller.
As mariscadoras teñen un salário e realizan unha actividade que permite compatibilizar a vida familiar ca laboral.
As veces realizan o seu traballo baixo condicións climatolóxicas adversas,desafiando as temperaturas das frías augas do Atlantico.
Co paso do tempo o marisqueo pasou da extracción individual ó cultivo colectivo no mar,actividade desempeñada polas mariscadoras ,xunto con outras como a extracción e a vixilancia da costa.
Hoxe en día o marisqueo enfrentase a diversos prolemas como a contaminación,que se ve agravada pola rápida urbanización ;
o furtivismo e a posterior permisividade dos que compran o producto,sabendo que se recolleu de forma ilegal,e sen os debidos controles de calidade.
Os fenómenos meteorolóxicos adversos tamén inflúen sobre a colleita,un exemplo son as riadas que perxudican un pouco máis a xa mermada economía destas xentes.

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você