Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

DENDE OS POBOS XERMÁNICOS Á ACTUALIDADE

A medida que avanzan os séculos as manifestacións artisticas máis destacadas danse sobre todo na arquitetura relixiosa. Bos exemplos desto son as numerosas igrexas e capelas que salpican a comarca de Noia e Muros. No concello de Lousame , nun maribilloso enclave asentase o monasterio de San Xusto de Toxosoutos,fundado en 1131,este chegou a ser un dos catorce monasterios máis importantes do reino de Galicia.
Entrando no municipio de Noia hachamos importantes mostras de arquitetura relixiosa ,entre as que destacan as Igrexas de San Martiño e a de Santa María a Nova, xunto ao Convento de San Francisco.
Na vila de Muros chama a atención pola súa sobriedade e polo conxunto de estilos o templo parroquial de San Pedro, antigamente Colexiata de Santa María do Campo.
Do antigo templo (da segunda metade do século XII ) só resta a porta principal, tamen son da época abundantes canecillos,signos lapidarios e o rosetón.
O edificio actual atendendo ao o que dí unha inscripción gravada no dintel da porta lateral,foi comezado pola orden do arzobispo Lope de Mendoza e rematado polo concello de Muros.
En Esteiro é conveniente facer unha parada para visitar a Igrexa Vella, que cronoloxicamente se encadra nos séculos XVII e XVIII. Na feligresía de Tal erguese sobriamente,o templo parroquial,que se edificou entre os séculos XVII e XIX.
No exterior o elemento que recibe un tratamento máis especial é a fachada , que está composta por un frontón tiangular; sobre este disponse un ollo que a súa vez está coronado por un campanario de estructura cuadrada.
A imaxe máis significativa do interior representaa Santa Catalina .Esta procede da illa veciña do mesmo nome , e alí estivo durante moitos anos nunha fermosa capela, hoxe arruinada e a cal se pode aceder nas horas que a marea está baixa.
Polo que se refire a arquitetura civil, pese a que existiron numerosas torres e castelos medievales a ambas marxes da ría de Noia Muros , hoxe en día son escasos os restos deles que permanecen xa que moitos foron derribados en revoltas irmandiñas (século XV ) e outros non resistiron o paso do tempo .
A pesar de todo podemos visitar a Torre do Barco en Outes.
Boas mostras sí que quedaron dos pazos, sobresaínte é o de Dacosta, na vila de Noia .
Asimismo tamen cabe mencionar os hospitais da Trinidade ou de San Pedro ( Muros ).
Debido a que estamos nunca terra regada por moitos ríos son abundantes as pontes que conservamos das distintas épocas. A máis espectacular de todas está situado sobre o Tambre (Outes – Noia) é o de Pontenafonso, cuxas fechas de construcción foron durante os séculos XI , XIV e XV.
Elemento representativo do paisaxe galego, en encrucilladas de camiños e plazas son os cruceiros de pedra. Dos centos inventariados nos cinco concellos que conforman a Ría de Noia e Muros son bos exemplos o da Plaza do Cristo en Muros,os de Eiroa e de Tapal en Noia…
En canto as construcións de uso labrego as nosas edificacións máis importantes son os horreos; cámaras xeralmente rectangulares con paredes de pedra e madeira recubertos de tella a dúas augas e algúns adornos,que descansan sobre pes.
Este atopanse en lugares abertos para permitir a circulación do aire.
Tamen abundante muiños falan de periodos non tan lonxanos , resaltando pola súa singularidade o de marea do Pozo de Cachón ( Muros ).
De tipoloxía tradicional temos claros ejemplos en Lousame (muiño do Mirón) e en Porto do Son.

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você