Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

A ILLA DA CREBA



A Creba é unha pequena illa cunha superficie de 7.5 hectáreas ,que se atopa na parroquia muradana de Esteiro frente ao cabo Uhía ,tan só 240 metros a separan da costa ,ainda que nalgún tempo esta foi acesible dende terra a través dun istmo polo que atravesaban persoas e gando,pero que nunca quedaba en seco,de ahí as lendas de vacas e persoas arrastradas polo mar debido a suba das mareas.
É de propiedade privada ;nos anos oitenta foi adquirida por un empresario,dez anos despois cando este comenzou a construir un pequeno porto para albergar os seus iates, decidiu non permitír achegarse a ninguén a ela ,foi cando xurdiron os problemas e o pobo de Esteiro en masa, , decidiu ocupala simbólicamente para reclamar o seu dereito natural sobre ela, non se recorda que a illa fora pública nalgún momento, pero sempre se considerou libre por ter acceso a ela para pescar ,realizar actividades recreativas ou para descansar.



A Creba enmarcada nun espazo natural priviliexado está coronada por unha casona, constuída sobre as ruínas da antiga capilla de Nosa de A Creba ,onde antigamente acudían en romeria cruzando a ría nas súas embarcacións multitude de persoas. Ó Contrario do que se pensa, queda un vestixio daquela capeliña: existe unha figura de pedra da Virxe que alí se veneraba.
As lendas sobre moros e princesas enfeitizadas tiveron durante moito tempo o seu escenario nesta illa ,a máis coñecida é a que explica a construcción da ermida ;Vicente Risco contabao así:

"Na Creba había moros que tiñan un templo do seu falso Deus. Os cristiáns mataronos deixando só á filla do cxefe. Ésta invocou ao demo, quen ergueu unha tempestade, afogou aos cristiáns e separou a illa da terra. A mora converteu-e nunha grande serpente rodeada de feras que afundian aos barcos. Os cristiáns foron onde un santo home que lles aconsellou bendicer a illa e erguer a igrexa da Nosa Señora de Creba".

A illa nunca tivo valor medioambiental algún, debido a súa exposición ao vento. Actúa de porta natural e protectora do chamado lombo de Noia, unha das zonas marisqueiras de bivalvos máis rica e productiva de Galicia. Se non fora por ela, ademáis do traballo que fai o río Tambre, non se formaría alí o citado areal, nin protexería o campo de bateas que existe actualmente á altura do Freixo.
Actualmente celebrase nestas augas esteiranas unha regata bautizada en honra á illa: BANDEIRA ILLA DA CREBA.

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você