Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

PERSONAXES DE SONA

MARIA MARIÑO(Escritora):María Mariño Carou naceu na vila coruñesa de Noia alá polo 8 de Xuño de 1907,de familia humilde María abandonou os seu estudos para dedicarse a coser,oficio que lle valeu o sobrenome de María a “costureira”.
O seu primeiro contacto coa literatura escrita tivoo no “Pazo de Goiáns”en Boiro o cal se transaladara para fuxir dos prolemas económicos.
En 1939 casa con Roberto Pose co que se transalada a vivir o Pais Vasco,mais tarde regrasará a Galicia e asentará a súa residencia no Caurel,onde coñece a Uxío Novo Neira,escritor que a pon en contacto con outros autores coñecidos como Manuel María,Ramón Piñeiro,Victoria Armesto...
Entre as súas obras destacan:
-Palabra no tempo
-Verba que comeza



DAVID VIDAL TOMÉ
(Adestrador):Nado na vila de Portosín o 2 De Agosto do 1950, David,ata a súa etapa de adestrador caracterizouse por ser un futbolista modesto de segunda ,militou en equipos como RC Deportivo da Coruña ou o Cádiz ,foi precisamente neste último no que David comezaría a súa traxectoria profesional como adestrador, despois seguiríano outros clubes como o Raio Vallecano, Vilareal, SD Compostela,Unión Deportiva das Palmas...
Pero máis que polos seus méritos futbolísticos David destaca pola súa tremenda personalidade,ten fama de excéntrico e de despistado pero o técnico do Elche defínese como “bohemio,soñador , jocoso e amante da liberdade”
”¡¡¡Se volven a falar en voz alta botoos a rúa. Aquí mando eu e son o único que pode gritar". Así se dirixeu David Vidal, técnico del Murcia naquela época , a un grupo de xornalistas que seguía unha sesión de adestramento dende a grada. Foi aquél o seu primeiro enfrentamento cos medios de comunicación pero non sería o único.



XOSÉ MANUEL OLVEIRA “PICO” (Actor): Xosé Manuel Olveira "Pico" é un actor galego nacido en Muros (A Coruña) en 1955. O seu nome completo é Xosé Manuel Oliveira Gallardo. Actor de teatro dende 1972, participou en máis de trinta obras de numerosas compañías como o grupo Ditea, CDG, etc. As catro primeiras produccións cinematográficas nas que participa están dirixidas por Chano Piñeiro,. Participou en máis de vinte filmes a partir de mediados dos 80 aínda que é máis coñecido pola súa faceta humorística en programas como "O veciño do xoves" ou teleseries como "Pratos combinados"ou “Mareas Vivas “; Tamén ten traballado en radio e en publicidade.

1 comentarios:

Juan Dosil dijo...

Felicidades polo blog. Son de Esteiro, primo de Pico e vivo bastante lonxe do pobo.

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você