Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

RUTA SAN LOIS

O sendeiro de 12 Km e de dificultade media comeza na praza do Tapal ,da que saímos con dirección a ponte de Noia alí tomamos a estrada que nos leva a Boiro ; a medida que imos avanzando atoparemonos o Claustro románico de San Xusto de Toxosoutos .Seguimolo muro da finca ata o remate do mesmo onde xiraremos a dereita ata chegar o lugar do Torno.
Un pouco máis adiante atoparemos a “A Cova da Moura” que así é como é coñecido o Dolmen de Argalo (monumento funerario megalítico). Continuaremos dirección Oeste onde antes de chegar o cemiterio municipal colleremos a pista da dereita que nos levará a pontella de Argalo ,dende aquí seguimolo camiño ata cruzalo río Argalo para chegar a aldea de Vilaboa e Figueira,onde tomaremos unha pista que nos levará ó monte de San Lois ,lugar onde estivo emprazado o castro de San Lois no que poderemos atopar unha esplendidas vistas da ría de Noia e Muros.

A medida que imos baixando podemos ir observando a illa de Creba baixo o marco do monte Louro ,camiñando un pouco máis chegaremos ata Taramancos,aldea natal de de Antón Avilés Vinagre (Antón Avilés de Taramancos).
Ó remate das casas a pista enlaza con un camiño que nos levará ata a praia de Testal, onde poderemos contemplar as dunas que caracterizan o lugar. Abandonamos a pista asfaltada para tomar outra á esquerda e chegar á última aldea do noso recorrido ,Obre.Despois tomamos a estrada que trancorre por detrás do lavadoiro ata chegar á ponte de Noia onde de fronte se alza a torre de San Martiño na praza do Tapal ,punto de partida e de regreso da nosa ruta.


MAPA DA RUTA

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você