Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

PERIGOS ASOLAGADOS

Nos baixos da entrada da ría de Muros Noia atopamos uns dos baixos máis perigosos de toda a costa galega. Son pedras que nunca sobresaen do mar pero que están cubertas por uns poucos metros de auga e que constitúen un perigo para os navegantes que surcan estas augas .Meixide, Mean, Ximiela e máis Baia son os nomes cos que denominaron a estes baixos. É dificil saber a súa localización cando o mar está calmo a non ser que dispoñamos dunha carta detallada da zona ou se coñezan as súas situacións por medio de dous ou mais accidentes xeográficos na costa. Este segundo método , segue a ser utilizado polos pescadores dende tempos inmemoriais.
Nos arredores destes baixos descansan multitude de naves que perderon o seu rumbo , ou foron levados alí polos ventos ou as correntes.
Deixovos aquí unha lista de algúns dos mais importantes naufraxios que teñen ocorrido neles:


................
MEIXIDE:
Ter................................ ano 1900 mercante
Ussabón.........................ano 1900 mercante
Castor ...........................ano 1901 mercante
Sorrento........................ ano 1904 mercante
Cardenal Cisneros........ ano 1905 buque de guerra
Robina ...........................ano 1917 mercante
Condor ...........................ano 1921 Pilebote
.....................
MEAN:
Natal .............................ano 1887 mercante
Bonnacorel ...................ano 1890 pasaxe
Rochestar .....................ano 1894 mercante
Virxe das Dores ...........ano 1920 pesqueiro
.......................
XIMIELA:
Nile ...............................ano 1890 pasaxe
Larache ........................ano 1908 pasaxe
Alberto Treves .............ano 1916 mercante
......................
BAIA:
Vellatona .......................ano 18?? pasaxe
Salier..............................ano 1896 Pasaxe
Horatio ..........................ano 1904 mercante

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você