Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

FINAL

Como podedes observar realicei este proxecto a partir dun indice previamente elaborado , que fun modificando progresivamente en función das necesidades do mesmo.
Finalmente quedou establecido o seguinte indice:


1- INTRODUCIÓN
2- LOCALIZACIÓN
3- COMUNICACIÓNS
4- PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTISTICO
4.1 DENDE O MEGÁLITICO AOS POBOS XERMÁNICOS
4.2 DENDE OS POBOS XERMÁNICOS Á ACTUALIDADE

5- PRAIAS
5.1 PRAIAS EN NOIA
5.2 PRAIAS EN MUROS
5.3 PRAIAS EN OUTES
5.4 PRAIAS EN PORTO DO SON

6-RUTAS
6.1 RUTAS:RIO VILACOBA E SAN XUSTO
6.2 RUTA SAN LOIS

7-FLORA

8-FAUNA
8.1 MAMIFEROS
8.2 AS AVES MÁIS COMÚNS

9-COUSAS DO MAR
9.1 PERIGOS ASOLAGADOS
9.2 AQUEL NAUFRAXIO
9.3 NEIXÓN

10- LUGARES MÁXICOS
10.1 CASTRO DE BAROÑA
10.2 A ILLA DA CREBA
10.3 MONTE LOURO E LAGOA DE XARFAS

11- AS SÚAS XENTES
11.1 O MARISQUEO NA RÍA
11.2 PERSONAXES DE SONA

12-ALBUM DIXITAL
12.1 A HISTORIA DA RÍA
12.2 UN PASEO POR NOIA
12.3 SOLPOR NA RÍA DE MUROS NOIA
12.4 UNHA XORNADA DE MARISQUEO EN TESTAL
12.5 UN LUGAR DE MUROS

13-FINAL

Este foi o meu proxecto espero que vos gustara , e que gracias a él decidirades visitar esta fermosa comarca.

Un saúdo

UN LUGAR DE MUROS

UNHA XORNADA DE MARISQUEO EN TESTAL

SOLPOR NA RÍA DE MUROS NOIA

UN PASEO POR NOIA

A HISTORIA DA RÍA

PERSONAXES DE SONA

MARIA MARIÑO(Escritora):María Mariño Carou naceu na vila coruñesa de Noia alá polo 8 de Xuño de 1907,de familia humilde María abandonou os seu estudos para dedicarse a coser,oficio que lle valeu o sobrenome de María a “costureira”.
O seu primeiro contacto coa literatura escrita tivoo no “Pazo de Goiáns”en Boiro o cal se transaladara para fuxir dos prolemas económicos.
En 1939 casa con Roberto Pose co que se transalada a vivir o Pais Vasco,mais tarde regrasará a Galicia e asentará a súa residencia no Caurel,onde coñece a Uxío Novo Neira,escritor que a pon en contacto con outros autores coñecidos como Manuel María,Ramón Piñeiro,Victoria Armesto...
Entre as súas obras destacan:
-Palabra no tempo
-Verba que comeza



DAVID VIDAL TOMÉ
(Adestrador):Nado na vila de Portosín o 2 De Agosto do 1950, David,ata a súa etapa de adestrador caracterizouse por ser un futbolista modesto de segunda ,militou en equipos como RC Deportivo da Coruña ou o Cádiz ,foi precisamente neste último no que David comezaría a súa traxectoria profesional como adestrador, despois seguiríano outros clubes como o Raio Vallecano, Vilareal, SD Compostela,Unión Deportiva das Palmas...
Pero máis que polos seus méritos futbolísticos David destaca pola súa tremenda personalidade,ten fama de excéntrico e de despistado pero o técnico do Elche defínese como “bohemio,soñador , jocoso e amante da liberdade”
”¡¡¡Se volven a falar en voz alta botoos a rúa. Aquí mando eu e son o único que pode gritar". Así se dirixeu David Vidal, técnico del Murcia naquela época , a un grupo de xornalistas que seguía unha sesión de adestramento dende a grada. Foi aquél o seu primeiro enfrentamento cos medios de comunicación pero non sería o único.



XOSÉ MANUEL OLVEIRA “PICO” (Actor): Xosé Manuel Olveira "Pico" é un actor galego nacido en Muros (A Coruña) en 1955. O seu nome completo é Xosé Manuel Oliveira Gallardo. Actor de teatro dende 1972, participou en máis de trinta obras de numerosas compañías como o grupo Ditea, CDG, etc. As catro primeiras produccións cinematográficas nas que participa están dirixidas por Chano Piñeiro,. Participou en máis de vinte filmes a partir de mediados dos 80 aínda que é máis coñecido pola súa faceta humorística en programas como "O veciño do xoves" ou teleseries como "Pratos combinados"ou “Mareas Vivas “; Tamén ten traballado en radio e en publicidade.

O MARIAQUEO NA RÍA

Hoxe como non podía ser doutra maneira dedícolle o meu post a todas esas mulleres que cada maña atopamos na nosa rías en busca do seu susbtento,e que realizan unha labor fundamental na economía galega.

O marisqueo na Ría de Noia-Muros foi dende sempre unha actividade realizada por mulleres, os homes pola contra soen facelo a flote en pequenas lanchas .As mulleres campesinas das aldeas da zona complementaban así os ingresos familiares ca labor de extracción de marisco.
A dura xornada de extracción comeza alá polo outono,e soe ser dunhas catro horas, adaptando o horario as mareas e as fases da lúa , levase a cabo con ferramentas como a azada e o “raño”.Os tractores e lanchas tamén axudan as mulleres neste duro traballo transportando as cestas co marisco ata as lonxas , donde se pesaran e seleccionaran os berberechos e as ameixas para realizar a subasta (á baixa )do marisco.


Un grupo de mariscadoras na ria de Noia-Muros.

A Agrupación de Mariscadoras trata de influír sen demasiado éxito nos prezos e calidades co obxetivo de facilitar a comercialización do producto,a partir da imposición dun limite na cantidade a recoller.
As mariscadoras teñen un salário e realizan unha actividade que permite compatibilizar a vida familiar ca laboral.
As veces realizan o seu traballo baixo condicións climatolóxicas adversas,desafiando as temperaturas das frías augas do Atlantico.
Co paso do tempo o marisqueo pasou da extracción individual ó cultivo colectivo no mar,actividade desempeñada polas mariscadoras ,xunto con outras como a extracción e a vixilancia da costa.
Hoxe en día o marisqueo enfrentase a diversos prolemas como a contaminación,que se ve agravada pola rápida urbanización ;
o furtivismo e a posterior permisividade dos que compran o producto,sabendo que se recolleu de forma ilegal,e sen os debidos controles de calidade.
Os fenómenos meteorolóxicos adversos tamén inflúen sobre a colleita,un exemplo son as riadas que perxudican un pouco máis a xa mermada economía destas xentes.

O MONTE LOURO E A LAGOA DE XARFAS

O monte louro é unha elevación de carácter granítico que se eleva sobre o nivel do mar, surxeu das entrañas da Terra fai dous millóns de anos no concello coruñés de Muros ,este asentase sobre unha pequena península no extremo norte da Ría de Muros e Noia , dando lugar o comezo da Costa da Morte. O monte posue un tipo de peculariedades xeomorfolóxicas que fan que estea catalogado como punto de interés xeolóxico nacional.
Lagoa de Xarfas e Monte Louro ó fondo
Ó pe do monte Louro ,por un lado atopámos o mar e polo outro a lagoa de AS XARFAS ,un espazo cerrado por unha barreira areosa ,sobre as que se desenrolaron importantes acumulacións dunares que pecharon o paso das augas do rio Longaredo ,esta posue aportes de auga de mar no inverno. A zona central é bastante profunda e presenta extensas zonas de vexetación palustre, principalmente carrizais e xuncos.. Está catalogada como Reserva de Caza e Espacio Natural a Protexer. Hoxe en día as terras que rodean a lagoa son de propiedade privada, e o lago veciñal é pastoreado aínda polo gando.


Con respecto a flora nas dunas destaca a presenza dominante do feo de mar, principal responsable da fixaxición da area, na desembocadura do rio Longarelo desenvolve-se un carrizal con xuncos e carrizo, precedido por un pequeno bosquete. A flora do Monte Louro é mas ben escasa debido o persistente azote dos incéndios forestais. Na vexetación predominan:
- Cardo Marítimo (Erygium maritimum)
- Feo (Ammophila arenaria)

- Leiteiras (Euphorbia paralis)
- Herba de Namorar (Armeria pubigeira)
Por outa banda o atractivo da fauna deste espazo radica na existéncia de numerosas especies de anfíbios, reptis e aves. Entre estas últimas, grande número de invernantes como ánade silbón, porrón moñudo, parrulo culler, cerceta, garceta... Destaca a abunante poboación de garzas e a ocasional presenza de espátula ou alcaraván. En inverno, cadrando con algun temporal podense observar fradiños ou alcas refuxiando-se nos entrantes rochosos da costa. A lontra é un visitante habitual da lagoa nas primeiras horas da mañá.
Louro ten unha enorme carga simbólica para os habitantes da costa barbanzana. A súa silueta, sempre esta presente no ollar dos mariñeiros que surcan estos mares e o seu faro sirve de aviso a pescadores e navegantes da proximidade de Os Leixons ,baixos mariños que foron testemuña de moitos naufráxios
Monte Louro di canto tardará en chegar a borrasca que entra pola liña do horizonte,cando se poñen as nubes.. se o alumar do seu faro non se ve, xa se pode un imaxinar o tempo que fará ao dia seguinte.
Dise que o nome do monte proven da silueta que se forma cando o sol se oculta tras él pero isto só son ditos e probablemente nunca o saberemos.

A ILLA DA CREBA



A Creba é unha pequena illa cunha superficie de 7.5 hectáreas ,que se atopa na parroquia muradana de Esteiro frente ao cabo Uhía ,tan só 240 metros a separan da costa ,ainda que nalgún tempo esta foi acesible dende terra a través dun istmo polo que atravesaban persoas e gando,pero que nunca quedaba en seco,de ahí as lendas de vacas e persoas arrastradas polo mar debido a suba das mareas.
É de propiedade privada ;nos anos oitenta foi adquirida por un empresario,dez anos despois cando este comenzou a construir un pequeno porto para albergar os seus iates, decidiu non permitír achegarse a ninguén a ela ,foi cando xurdiron os problemas e o pobo de Esteiro en masa, , decidiu ocupala simbólicamente para reclamar o seu dereito natural sobre ela, non se recorda que a illa fora pública nalgún momento, pero sempre se considerou libre por ter acceso a ela para pescar ,realizar actividades recreativas ou para descansar.



A Creba enmarcada nun espazo natural priviliexado está coronada por unha casona, constuída sobre as ruínas da antiga capilla de Nosa de A Creba ,onde antigamente acudían en romeria cruzando a ría nas súas embarcacións multitude de persoas. Ó Contrario do que se pensa, queda un vestixio daquela capeliña: existe unha figura de pedra da Virxe que alí se veneraba.
As lendas sobre moros e princesas enfeitizadas tiveron durante moito tempo o seu escenario nesta illa ,a máis coñecida é a que explica a construcción da ermida ;Vicente Risco contabao así:

"Na Creba había moros que tiñan un templo do seu falso Deus. Os cristiáns mataronos deixando só á filla do cxefe. Ésta invocou ao demo, quen ergueu unha tempestade, afogou aos cristiáns e separou a illa da terra. A mora converteu-e nunha grande serpente rodeada de feras que afundian aos barcos. Os cristiáns foron onde un santo home que lles aconsellou bendicer a illa e erguer a igrexa da Nosa Señora de Creba".

A illa nunca tivo valor medioambiental algún, debido a súa exposición ao vento. Actúa de porta natural e protectora do chamado lombo de Noia, unha das zonas marisqueiras de bivalvos máis rica e productiva de Galicia. Se non fora por ela, ademáis do traballo que fai o río Tambre, non se formaría alí o citado areal, nin protexería o campo de bateas que existe actualmente á altura do Freixo.
Actualmente celebrase nestas augas esteiranas unha regata bautizada en honra á illa: BANDEIRA ILLA DA CREBA.

CASTRO DE BAROÑA

Descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artistico Nacional ,este castro atopase no concello coruñés de Porto do Son ,caracterizase por estar ubicado dentro dunha peninsula situada na chamada Punta do Castro ,que soamente está unida a terra por un corto istmo de area, onde están as primeiras filas de pedras, que servirían como primeiro grupo defensivo .Seguidamente, atopamos un triple encintado de muros paralelos e escalonados dun metro de espesor e que finalizan na porta da entrada ,a cal está franqueada por unha torre trapezoidal.
Na zona sur , de máis difícil acceso, o muro é sinxelo ,tal vez porque a súa ubicación sobre as rochas xa dificultaba suficientemente o aceso o castro.
Unha vez no interior do poblado observamos , que se atopa dividido en duas partes ,unha superior e outra inferior, separadas por unha plaza que limita ó norte con un edificio rectangular.
As construcións son casi na súa totalidade, de planta circular nas casas non se observan nin portas nin ventás .
Unha das hipoteses máis sostidas é que estivo habitada por xente da tribu dos praestamarcos.
O Castro de Baroña, é o máis claro exemplo de castro de tipo maritimo, xa que non só se encadra dentro desta clasificación pola súa ubicación, xa que tamén faino por medio da vida dos seus habitantes.
Pero a maxestuosidade do Castro, non reside nos seus muros, porta de entrada (nun óptimo estado de conservación), ou nas súas contruccions; a beleza do Castro reside no lugar que elexiron os nosos antepasados para levantar a súa civilización e as suas urbes. A península rochosa perfectamente defendible por todos os seus flancos, nos cales o mar xogaba unha parte importante, e a súa fortificación no único acceso posible (tendo en conta os medios materiales da época), así como os acantilados co circundan converteno nunca fortificación, preparada para sufrir guerras, asedios, e os ataques dos exercitos mellor armados. Sen embargo, as últimas excavacions, abren a posibilidade de que de pouco serviron ante a chegada das tropas romanas.
En calquera caso,a citania permaneceu habitada ata época tardía ,posiblemente ata a chegada dos suevos .

NEIXÓN

Dende sempre é ben coñecida polos mariñeiros de Muros a existencia dunhas extrañas formacións lineais que se elevan sobre o leito da ria mesmo chegando algunas veces ata acadar os catro metros.
Estas formacións extendense ó longo duns 500 metros nun fondo de 25 brazas (50 metros) en dirección SW-NE.
O achado dunha ánfora por un pesqueiro muradán na debandita zona fixo entrar en escena a UABA (Universidade Autonoma do Barbanza)que despois de diversos estudos determinou que dita ánfora posue trazos e formas que dan a entender unha máis que probable procedencia fenicia.

O prestixioso catedrático da UABA Don Oswaldo Centeno Viejo xunto co seu equipo composto por arqueólogos ,catedráticos de historia ,técnicos especialistas en inmersións prolongadas… desprazouse a Muros co obxetivo de estudar o lugar en concreto.
Despois de varias semanas de traballo e multitude de extracións de evidencias do fondo mariño ,ditaminouse por parte dos especialistas que as formacións lineais que se observan dende a superficie correspondían os restos dunha muralla de pedr a,da que se datou a súa construcción a finais do século VII antes de Cristo.
Todo isto leva a pensar a falta da verificación por parte do Instituto español de Arqueoloxia que poden tratarse dos restos da antiga cidade fenicia de NEIXON.
Aínda que ata o momento a maioría dos investigadores situaba esta cidade nalgún recuncho das Rías baixas as claras evidencias demostran que será a ria de Noia Muros nas proximidades do monte Louro a que albergue tan importantes restos do paso do pobo fenicio polas nosas costas.

AQUEL NAUFRAXIO



Era ainda cedo aquela maña do 6 de Xaneiro de 1910 cando Xosé Sestaio,mariñeiro de Muros xunto co seu fillo Andrés de nove anos baixaban polas empedradas rúas do Carme camiño do porto onde tiñan fondeada a súa barca. A Andrés custaralle especialmente saír esa maña para o mar co seu pai , pois deixaba na casa os irmáns pequenos disfrutando dos figos pasos que os Reises Magos de Oriente deixaran esa noite nun pratiño de barro o carón da lareira. O rapaz a pesar dos seus nove anos, era espabilado e guieiro e dábase conta de que tiña que ir co seu pai para o mar a buscar o sustento diario da familia.Navegaron ata sobrepasar a punta do peirao de Porto Piollo onde izaron a vela; Sopraba un vendavaliño e na altura do castelo un burleu case lles da un desgusto, Xosé tomou un par de rizos da vela e co leme firme na súa man dereita mandou o neno que se acurrunchase debaixo do banco de proa para que os salseiros no mollasen.

A última persoa que veu o bote foi o fareiro do novo faro do rebordiño , que dixo logo que os vira no medio da ría con proa de Monte Louro , e que lle chamou a atención ver un bote esa mañá no mar, pois había bastante vento e forte mareira.Nunca mais se soubo de Xosé Setaio nin do seu fillo Andrés, os restos do bote esnaquizado apareceron o cabo duns días na praia loureana de Vieta.E todo isto aconteceu o 6 de xaneiro de 1910 , cando os Reises Magos traian os nenos de Muros, figos pasos mollados en bagoas e salitre.

PERIGOS ASOLAGADOS

Nos baixos da entrada da ría de Muros Noia atopamos uns dos baixos máis perigosos de toda a costa galega. Son pedras que nunca sobresaen do mar pero que están cubertas por uns poucos metros de auga e que constitúen un perigo para os navegantes que surcan estas augas .Meixide, Mean, Ximiela e máis Baia son os nomes cos que denominaron a estes baixos. É dificil saber a súa localización cando o mar está calmo a non ser que dispoñamos dunha carta detallada da zona ou se coñezan as súas situacións por medio de dous ou mais accidentes xeográficos na costa. Este segundo método , segue a ser utilizado polos pescadores dende tempos inmemoriais.
Nos arredores destes baixos descansan multitude de naves que perderon o seu rumbo , ou foron levados alí polos ventos ou as correntes.
Deixovos aquí unha lista de algúns dos mais importantes naufraxios que teñen ocorrido neles:


................
MEIXIDE:
Ter................................ ano 1900 mercante
Ussabón.........................ano 1900 mercante
Castor ...........................ano 1901 mercante
Sorrento........................ ano 1904 mercante
Cardenal Cisneros........ ano 1905 buque de guerra
Robina ...........................ano 1917 mercante
Condor ...........................ano 1921 Pilebote
.....................
MEAN:
Natal .............................ano 1887 mercante
Bonnacorel ...................ano 1890 pasaxe
Rochestar .....................ano 1894 mercante
Virxe das Dores ...........ano 1920 pesqueiro
.......................
XIMIELA:
Nile ...............................ano 1890 pasaxe
Larache ........................ano 1908 pasaxe
Alberto Treves .............ano 1916 mercante
......................
BAIA:
Vellatona .......................ano 18?? pasaxe
Salier..............................ano 1896 Pasaxe
Horatio ..........................ano 1904 mercante

AS AVES MÁIS COMÚNS

- COGUJADA COMÚN
- HALCÓN PEREGRINO

- BISBITA COMÚN
- ALONDRA COMÚN
-CORMORÁN GRANDE
- VENCEJO COMÚN
- MARTÍN PESCADOR

- RATONERO COMÚN
- GARZA REAL
- AGUILA CULEBRERA
- ÁNADE REAL
- ESCRIBANO MONTESINO






MAMIFEROS

-SALAMANDRA RABILARGA (Chioglossa lusitanica)
-LAGARTO VERDINEGRO (Lacerta schreiberi)
-NUTRIA(Lutra lutra)

-VISÓN(Mustela putorius)
-LOBO ( canis lupus signatus)
-XABARÍN (Sus scrofa)
-ARDILLA
-DELFÍN MULAR (Tursiops truncatus)
-RAPOSO (vulpes vulpes)
-BURRO (Equus asinus)

FAUNA

Raposos,xabaríns e lobos corretean polo inerior dos cinco concellos das comarcas de Muros e Noia pero é dificil atoparse con eles debido a súa natureza escurridiza e medosa.
Sen dúbida será menos complexo ver os distintos tipos de aves que sobrevoan os ceos e que poderemos observar con tranquilidade en torno as lagoas de Xuño,Muro ,Xalfas ou Caldebarcos.
Tamen gozaremos da compañia de vacas e cabalos que trotan e pacen soltos polos montes,salindonos o paso nas nosa rutas de sendeirismo.

FLORA

A ría de Muros e Noia climáticamente achase encuadrada dentro do dominio hiperhumédico caracterizado por temperaturas medias de 13 grados centígrados ,unha oscilación térmica de 19 grados e precipitacións que poden alcanzar os 1856 ml anuales.Hai unha media de 121 días de choiva ao ano,que se reparten de diferente forma según as estación.
Como resultado da ación do clima,nestas comarcas brota durante todo o ano unha vigorosa vegetación.
Especialmente hermoso resulta observar os montes ma primaveira cando se enchen cas flores amarelas do toxo,os montes sobre todo nas últimas decadas encontranse conformados na súa maior parte por pinos,eucaliptos e acacias estas últimas coñecidas na zona como “australias”.
As familias vexetais dominantes son:

- TOXO ARNAL (ulex europeus)
- TOXO FEMIA (ulex galii)
-BREZO MAIOR (daboecia polifolia)
-XESTA (sarothamus scoparius)
-PINO MARITIMO (pinus pinaster)
-BIDUEIRO (betula verrucasa)


Nos muros e fendeduras das rochas atopamos vegetación caracteristica de rochedos ácidos como:

- FIEITO DAS BOTICAS (asplenium trichomanus)
- ORELLA DE ABADE (umbilicus pendulinus)
- FIEITO DAS PEDRAS (polypodium vulgare)

Nos solos salinos do litoral predominan os xuncais marítimos e as comunidades de plantas psmófilas.

.

RUTA SAN LOIS

O sendeiro de 12 Km e de dificultade media comeza na praza do Tapal ,da que saímos con dirección a ponte de Noia alí tomamos a estrada que nos leva a Boiro ; a medida que imos avanzando atoparemonos o Claustro románico de San Xusto de Toxosoutos .Seguimolo muro da finca ata o remate do mesmo onde xiraremos a dereita ata chegar o lugar do Torno.
Un pouco máis adiante atoparemos a “A Cova da Moura” que así é como é coñecido o Dolmen de Argalo (monumento funerario megalítico). Continuaremos dirección Oeste onde antes de chegar o cemiterio municipal colleremos a pista da dereita que nos levará a pontella de Argalo ,dende aquí seguimolo camiño ata cruzalo río Argalo para chegar a aldea de Vilaboa e Figueira,onde tomaremos unha pista que nos levará ó monte de San Lois ,lugar onde estivo emprazado o castro de San Lois no que poderemos atopar unha esplendidas vistas da ría de Noia e Muros.

A medida que imos baixando podemos ir observando a illa de Creba baixo o marco do monte Louro ,camiñando un pouco máis chegaremos ata Taramancos,aldea natal de de Antón Avilés Vinagre (Antón Avilés de Taramancos).
Ó remate das casas a pista enlaza con un camiño que nos levará ata a praia de Testal, onde poderemos contemplar as dunas que caracterizan o lugar. Abandonamos a pista asfaltada para tomar outra á esquerda e chegar á última aldea do noso recorrido ,Obre.Despois tomamos a estrada que trancorre por detrás do lavadoiro ata chegar á ponte de Noia onde de fronte se alza a torre de San Martiño na praza do Tapal ,punto de partida e de regreso da nosa ruta.


MAPA DA RUTA

RUTA : RIO VILACOBA E SAN XUSTO


SITUACIÓN:A cunca do río Vilacoba atópase dentro dos límites municipais de Lousame na práctica totalidade da súa superficie, salvo un pequeno tramo que discorre polo veciño Concello de Rois. É unha das máis grandes e importantes do municipio, situándose o seu nacemento na cara norte do monte da Muralla (Fruime)
O val deste río percorre o Concello de Este a Oeste dividindo as parroquias de Vilacoba, Lesende e Lousame. Ó longo de todo este seu decorrer cara o mar, ten unha gran diversidade tanto morfolóxica como paisaxística e biolóxica, que pode contemplarse camiñando pola ruta de sendeirismo que hai marcada e sinalizada nas súas ribeiras.



Este percorrido continúa por San Xusto, percorrendo a parroquia do mesmo nome, despois de nacer en terras de Fontefría.
No primeiro tramo da ruta, pola beira esquerda do río, dende Brandia ata Soutorredondo, o Vilacoba discorre manso e tranquilo polo medio dun frondoso bosque de ribeira que lle da sombra ata chegar á piscifactoría de Soutorredondo.
En Brandia, no comezo da ruta, na área recreativa que se habilitou coa restauración de dous muiños preto das casas desta aldea, temos a poucos centos de metros as ruinas da primeira fábrica de papel das catro coas que imos topar ó longo do noso percorrido; esta fábrica foi trasladada nos anos setenta a Vidán, preto de Santiago. .O camiño neste tramo pódese facer algo lento polas dificultades do terreo en algún anaco, aínda que hai pasarelas en sitios difíciles, especialmente ó chegar á altura da aldea de A Albariza.

Ó alcanzá-la seguínte aldea (O Castro) temos, a uns cen metros da beira esquerda, as aínda impresionantes ruinas da maxestosa fábrica de papel de Fontán. Neste tramo, e debido a que o río non salva desniveis importantes, o curso do mesmo chega a formar algunha pequena praia fluvial como a que atopamos un pouco antes da aldea de Cerquides, preto das ruinas da fábrica de papel da Galiñeira, a terceira no noso camiño. Este traxecto é fácil de andar, e moi apropiado para disfrutar do solitario e frondoso entorno polo que transcorre.
O cauce volta a incidir sobre o terreo ó pasa-la Piscifactoría de Soutorredondo, especialmente logo da subida, para visita-los petroglifos de Lesende (tallados na Idade do Bronce, no segundo milenio antes de Cristo). Despois de retomar o camiño pola beira dereita do río, á altura desta aldea hai uns afloramentos graníticos que a auga foi erosionando dando lugar a unha serie de pozos ou piscinas (Pozo das Vacas, Pozo Negro), moi frecuentadas por bañistas no verán. Nesta impresionante paisaxe que forman os pozos coa vexetación de ribeira e a morfoloxía do terreo, temos varios muiños pertencentes á aldea de Lesende, o da Fonte e o de Calistro. Será salvando estes rápidos cando cheguemos á ponte medieval de A Gaiteira, que comunicaba a aldea de Aguieira coa igrexa de Lesende, parroquia á que pertence. A ruta continúa subindo pola ribeira dereita do río cara á ponte de Vilacoba, atopando no medio o Pozo da Escaleira, tamén moi visitado no verán polos mozos do contorno. O camiño volta a ser bastante doado unha vez deixadas atrás a subida a Lesende e o tramo de pozos.


Ó chegar á ponte de Vilacoba desviámonos cara ó monte Colou dende onde temos unhas excelentes vistas da Ría de Noia-Muros. Dende alí baixamos cara á aldea de Toxosoutos para comezar o percorrido polo río San Xusto. Dende esta aldea hai que baixar ata a igrexa, onde se poden facer visitas ás dúas fervenzas que hai no río augas arriba. Despois baixamos e cruzamos a ponte de madeira que hai detrás da Casa Rectoral (convertida en albergue turístico) por unha pequena corredoira quen nos conduce ó pombal propiedade do mosteiro. Partindo deste punto imos dar á carballeira da beira do río por onde continuamos ata un camiño de monte que nos leva a preto de Cabanetán, para baixar de novo á beira do mesmo e seguir o seu curso pasando polo Pozo do Capitán (en Boña) no que hai unha impresionante fervenza. O camiño continúa pola canle que leva a auga á fábrica de papel das Maceiriñas e de alí atravesamos polo monte de Béxeres ata chegar de volta ó río Vilacoba na ponte que hai en fronte da fábrica de Fontán.


MAPA DA RUTA

PRAIAS EN PORTO DO SON

TELLEIRA



- Lonxitude praia: 150 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche




AS GAVIOTAS

-Lonxitude praia: 300 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Sí
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche


GAFA

-Lonxitude praia: 80 metros
- Condicións baño: Oleaxe moderado
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche

COIRA


-Lonxitude praia: 700 metros
- Condicións baño: Oleaxe moderado
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Sí
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche






LANGAÑO



-Lonxitude praia: 150 metros
- Condicións baño: Oleaxe moderado
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Sí
- Tipo de acceso: A pe fácil


AGUIEIRA


-Lonxitude praia: 1700 metros
- Condicións baño: Oleaxe moderado
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Sí
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche


CASTRO DE BAROÑA/AREALONGA


-Lonxitude praia: 350 metros
- Condicións baño: Oleaxe forte
- Zona protexida:Sí (Rede natura 2000)
- Vixiancia:Sí
- Tipo de acceso: A pe fácil

RIO SIEIRA/CON DAS FURNAS

-Lonxitude praia: 950 metros
- Condicións baño: Oleaxe moderado
- Zona protexida:Sí (Rede natura 2000)
- Vixiancia:No
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche

PRAIAS EN OUTES

SIAVO

- Lonxitude praia: 240 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non- Vixiancia: Non
- Tipo de acceso: Con coche


BROÑA


- Lonxitude praia: 475 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Sí
- Tipo de acceso:Con coche


PICOUSO

- Lonxitude praia: 90 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: A pe fácil

PRAIAS EN MUROS

ANCORADOIRO

- Lonxitude praia: 100 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Si (Rede Natura 2000)
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: Con coche


LAGO LOURO

- Lonxitude praia: 1500 metros
- Condicións baño: Fuerte oleaxe
- Zona protexida: Si (Rede Natura 2000)
- Vixiancia:Si
- Tipo de acceso: Con coche


SAN FRANCISCO

- Lonxitude praia: 1OO0 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso:Con coche



LIÑARES

- Lonxitude praia: 150 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche






ESTEIRO

- Lonxitude praia: 400 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche



LA PRUDENCIA

- Lonxitude praia: 150 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: A pe fácil /con coche


ROCHA


- Lonxitude praia: 65 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso: Con coche

PRAIAS EN NOIA

BOA

- Lonxitude praia: 400 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso:A pe fácil ou con coche

DEBESA

- Lonxitude praia: 110 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida:Non
- Vixiancia:Non
- Tipo de acceso:A pe fácil



TESTAL

- Lonxitude praia: 1.300 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida: Non
- Vixiancia: Si
- Tipo de acceso: A pe fácil, con coche ou en barco

ABRUIÑEIRAS

- Lonxitude praia: 50 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida: Non
- Vixiancia: Non
- Tipo de acceso: A pe fácil ou con coche

BARQUIÑA

- Lonxitude praia: 500 metros
- Condicións baño: Augas tranquilas
- Zona protexida: Non
- Vixiancia: Non
- Tipo de acceso: A pe fácil ou co coche

PRAIAS

As comarcas de Noia e Muros,ao abarcar na súa totalidade a ría que lles é común,ofrecen aos seus visitantes innumerables plaias:unhas de areas finas e protexidas por bosques de pinos,outras dunha extensión inmensa que abren ó mar e aos ventos oceánicos facendoas idóneas para a práctica de deportes de vento(windsurf, parapente...)por último contamos con fermosas calas de pequenas dimensións e escasa peligrosidad.
Aquela persoa que se aproxime buscando sol e plaia no salirá decepcionado da súa eleción,xa que o bo clima e as escasas precipitacións estivais sumanse aos blancos e case virxes areais,creando un entorno de gran beleza xunto cos montes que se erguen a escasos mentros da riveira.Asimismo todas as plaias da comarca contan con boas comunicacións e acesos ademais de excelentes infraestructuras para o ocio (parrillas,mesas...)

DENDE OS POBOS XERMÁNICOS Á ACTUALIDADE

A medida que avanzan os séculos as manifestacións artisticas máis destacadas danse sobre todo na arquitetura relixiosa. Bos exemplos desto son as numerosas igrexas e capelas que salpican a comarca de Noia e Muros. No concello de Lousame , nun maribilloso enclave asentase o monasterio de San Xusto de Toxosoutos,fundado en 1131,este chegou a ser un dos catorce monasterios máis importantes do reino de Galicia.
Entrando no municipio de Noia hachamos importantes mostras de arquitetura relixiosa ,entre as que destacan as Igrexas de San Martiño e a de Santa María a Nova, xunto ao Convento de San Francisco.
Na vila de Muros chama a atención pola súa sobriedade e polo conxunto de estilos o templo parroquial de San Pedro, antigamente Colexiata de Santa María do Campo.
Do antigo templo (da segunda metade do século XII ) só resta a porta principal, tamen son da época abundantes canecillos,signos lapidarios e o rosetón.
O edificio actual atendendo ao o que dí unha inscripción gravada no dintel da porta lateral,foi comezado pola orden do arzobispo Lope de Mendoza e rematado polo concello de Muros.
En Esteiro é conveniente facer unha parada para visitar a Igrexa Vella, que cronoloxicamente se encadra nos séculos XVII e XVIII. Na feligresía de Tal erguese sobriamente,o templo parroquial,que se edificou entre os séculos XVII e XIX.
No exterior o elemento que recibe un tratamento máis especial é a fachada , que está composta por un frontón tiangular; sobre este disponse un ollo que a súa vez está coronado por un campanario de estructura cuadrada.
A imaxe máis significativa do interior representaa Santa Catalina .Esta procede da illa veciña do mesmo nome , e alí estivo durante moitos anos nunha fermosa capela, hoxe arruinada e a cal se pode aceder nas horas que a marea está baixa.
Polo que se refire a arquitetura civil, pese a que existiron numerosas torres e castelos medievales a ambas marxes da ría de Noia Muros , hoxe en día son escasos os restos deles que permanecen xa que moitos foron derribados en revoltas irmandiñas (século XV ) e outros non resistiron o paso do tempo .
A pesar de todo podemos visitar a Torre do Barco en Outes.
Boas mostras sí que quedaron dos pazos, sobresaínte é o de Dacosta, na vila de Noia .
Asimismo tamen cabe mencionar os hospitais da Trinidade ou de San Pedro ( Muros ).
Debido a que estamos nunca terra regada por moitos ríos son abundantes as pontes que conservamos das distintas épocas. A máis espectacular de todas está situado sobre o Tambre (Outes – Noia) é o de Pontenafonso, cuxas fechas de construcción foron durante os séculos XI , XIV e XV.
Elemento representativo do paisaxe galego, en encrucilladas de camiños e plazas son os cruceiros de pedra. Dos centos inventariados nos cinco concellos que conforman a Ría de Noia e Muros son bos exemplos o da Plaza do Cristo en Muros,os de Eiroa e de Tapal en Noia…
En canto as construcións de uso labrego as nosas edificacións máis importantes son os horreos; cámaras xeralmente rectangulares con paredes de pedra e madeira recubertos de tella a dúas augas e algúns adornos,que descansan sobre pes.
Este atopanse en lugares abertos para permitir a circulación do aire.
Tamen abundante muiños falan de periodos non tan lonxanos , resaltando pola súa singularidade o de marea do Pozo de Cachón ( Muros ).
De tipoloxía tradicional temos claros ejemplos en Lousame (muiño do Mirón) e en Porto do Son.

DENDE O MEGALITICO AOS POBOS XERMÁNICOS

Existe una antiga tradición que atribue a orixe de Noia a unha neta de Jafet, fillo de Noe(desta lenda falarei máis adiante) .Aínda hoxe o escudo da vila empregado xa no siglo XVI ,recolle esta lenda nos seus emblemas, donde se ve a arca de Noe flotando sobre o mar,e encima dela, unha pomba cunha rama de olivo no pico .Deixando de lado os mitos,os restos máis antigos que conservamos dos primeiros habitantes destas terras pertencen ao periodo MEGALITICO (entre o 3000 e o 1000 a.c).De esta etapa son as mamoas,dolmens cubertos de terra…
No municipio de Lousame destacan as que se atopan na chaira de Casameá.
Entrando no concello de Noia,se collemos o camiño que vai o Páramo
Iremos dar ao dolmen de Argalo ,tamen chamado Cova da Moura, no cal se conservan as nove lousas,que o forman ,ainda que xa perdeu a súa cobertura.
Seguindo a nosa ruta en paralelo á costa faremos un alto en Outes, xa que en terras altas de Xende, Banzas e Valadares, poderemos observar mamoas de 10 a 15 metros de diámetro (Por exemplo A Casiña dos Mouros en Lestaio ou a mamoa de Terelle).

De tempos antigos tamen nos falan os petroglifos,incisións na pedra fechados na IDADE DE BRONCE (entre 1800 e 1000 a.c) ainda que tamen os hai anteriores e posteriores.
No lugar de Agro de Costa, cerca da igrexa parroquial de Lesende(Lousame) descubrironse unha serie de gravados de cazoletas, circulos, cadrados…,sobre unha rocha granitica.
Da mesma forma tamen podemos atopar petroglifos no concello de Outes concretamente na parroquia do Freixo, ao igual que na vila de Muros ,sendo recomendable visitar pola súa orixinalidade e fácil aceso,o de Laxe das Rodas, na parroquia de Louro.
Este foi descuberto en 1956, e según a opinión dos expertos relacionase co culto ao sol ,aventurando a posibilidade de que se empregase como calendario.

Nun momento aínda non definido cronoloxicamente acaba a Idade de Bronce e comeza a chamada CULTURA CASTREXA .Denominase así a esta etapa polo papel central que o castro ten na sociedade nese momento.
Unha das xoias do noso pais neste tipo de contrucións é o Castro de Baroña (Porto do Son).Este descuberto en 1933 e declarado Patrimonio Artistico Nacional ,ubicase sobre unha península batida fortemente polo mar.

Seguindo o devir histórico os ROMANOS chegan ata estas terras e encontran asentados na zona dous pobos: ao sur do Tambre (Tamaris) situabanse os Praestamarcos e ao norte os Supertamarcos.
Os dominadores recen cegados crearon unha rede de estradas. No territorio galego a maís extensa das catro existentes era a chamada Per loca marítima que discurría ao largo de toda a costa do Barbanza.
En Esteiro aínda quedan restos desta calzada romana en frente da illa da Creba.
No concello de Porto do Son atoparonse areas e estelas da época romana.


No século V POBOS XERMÁNICOS chegados de centroeuropa invaden a Hispania Romana, asentandose no noroeste peninsular os Suevos frente aos Visigodos que controlaban o resto da peninsula.
Este foron os creadores da actual división parroquial do territorio galaico.De esta epoca tamen son os Gliptogrifos da Carballa(Outes),un conxunto dunhas 150 esculturas, a maior parte delas en forma de cruz cubrindo unha superficie de 25 metros cadrados

A expasión do Islam que produxo na peninsula dende o século VIII,case non tivo influencia no noroeste.
Pese a esto,na nosa comarcas existían asentamentos de tropas musulmanas na illa da Creba e no Monte Louro,ata que foron expulsados de alí polo arzobispo Xelmirez



.


.

COMO CHEGAR

Como principal vía de comunicación temos a estrada C-543 que une Santiago con Noia .
Por outa banda temos a N-550 que atravesa a vila unindo Tui con Cee pola costa ; comunicandose con Muros ,municipio no cal recorre 25 kilómetros costeiros Cee e Fisterra polo norte e Porto do Son e Riveira polo Sur. Outra estrada atravesa a peninsula do Barbanza e pon en comunicación Noia con Boiro (18 kilómetros).
Outra estrada que recibe sucesivamente as denominacións de LC-400 ,LC-401,LC402 ,LC 403 chega a Muros atravesando as terras de Xallas e Santa Comba dende Sigrás (a Coruña)





DISTANCIAS APROXIMADAS:



A CORUÑA: 98 desde Noia ; 99 km desde Muros.

SANTIAGO: 34 desde Noia ; 63 km desde Muros.

LUGO: 143 desde Noia ; 166 km desde Muros.

OURENSE: 147 desde Noia; 160 km desde Muros.

PONTEVEDRA: 63 desde Noia ; 98 km desde Muros.

LOCALIZACIÓN

Atopamos a ría de Noia e Muros dentro da provincia da Coruña , esta é a máis septetrional das Rias Baixas ,esta situada entre as rías de Corcubión ao norte e a de Arousa ao sur e destaca por ser a menos urbanizada da Rías.

Moi cerca da costa e casi paralela a mesma extendese a Serra do Barbanza que da nome a peninsula comprendida entre a Ría de Muros e Noia e a de Arousa ,así como a comarca coa que linda polo sur.
As augas da ría comezan na praia da “Aguieira” en Porto do Son pola súa beira sur e rematan na praia de “San Francisco” en Louro pola súa beira norte. Cabe destacar que a zona norte da ría é rochosa pola contra a zona máis meridional posee unha silueta máis suave.
As poboacións mais importantes son as que dan nome a Ría : Noia vila medieval por excelencia e Muros ,que foi fundada detrás do monte Louro como un pobo mariñeiro agachado da vista de corsarios e piratas ;outros pobos de interese son a Serra de Outes e Porto do son ,este último destaca pola existencia dunha sucesión de entrantes e saíntes nas súas costas que albergan fermosos areais.



A confluencia das augas do mar coas do Rio Tambre van a dar lugar a un hábitat no que sobreviven ameixas e berberechos que son o sustento de moitas familias da comarca. Todo aquel que se acerque ata as comarcas de Muros e Noia poderá gozar dun medio natural no que se combinan a perfección montaña e costa. En calquera das comarcas pódese disfrutar de innumerables e belísimas praias sendo algunhas delas, debido a combinación da ría cos ventos oceánicos e o mar aberto, especialmente propicias tanto para a práctica de windsurf, parapente ou vela, así como para outro tipo de deportes náuticos.

INTRODUCIÓN

Benvidos o meu blog!! Hola son unha alumna do IES Arzúa,chamome Rocío Sampedro Guimarey estudo 2º de CS de OXRNP(Organización e Xestión de recursos Naturais e Paisaxisticos)este ano como novidade propuxosenos como proxecto a creación dun blog na Internet, o principio a verdade e que a idea non foi que me fascinara demasiado pero co tempo está resultando entretido.Dixosenos que o tema do que queríamos que tratara,corría a conta nosa pero eso sí tiña que estar relacionado co noso ciclo,a mín pasaronseme varias ideas pola cabeza ata que por fin dei co tema que máis me gustou ;escollin falar da ria de Muros-Noia por varios motivos,primeiro pola proximidade a miña vila o que me facilitaría a recollida de información,despois porque me parece un lugar moi fermoso o que se lle debe adicar o seu espazo, tamen considerei opurtuno falar da flora e da fauna que poblan este lugar xa que constituen un ecosistema mariño-terrestre moi rico onde habitan numerosas especies dando lugar a unha importante biodiversidade.
Bueno espero que vos guste,e que me fagades chegar comentarios e suxerencias que me poidan axudar a mellorar o blog,Grazas.

Un saúdo

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você