Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

AQUEL NAUFRAXIO



Era ainda cedo aquela maña do 6 de Xaneiro de 1910 cando Xosé Sestaio,mariñeiro de Muros xunto co seu fillo Andrés de nove anos baixaban polas empedradas rúas do Carme camiño do porto onde tiñan fondeada a súa barca. A Andrés custaralle especialmente saír esa maña para o mar co seu pai , pois deixaba na casa os irmáns pequenos disfrutando dos figos pasos que os Reises Magos de Oriente deixaran esa noite nun pratiño de barro o carón da lareira. O rapaz a pesar dos seus nove anos, era espabilado e guieiro e dábase conta de que tiña que ir co seu pai para o mar a buscar o sustento diario da familia.Navegaron ata sobrepasar a punta do peirao de Porto Piollo onde izaron a vela; Sopraba un vendavaliño e na altura do castelo un burleu case lles da un desgusto, Xosé tomou un par de rizos da vela e co leme firme na súa man dereita mandou o neno que se acurrunchase debaixo do banco de proa para que os salseiros no mollasen.

A última persoa que veu o bote foi o fareiro do novo faro do rebordiño , que dixo logo que os vira no medio da ría con proa de Monte Louro , e que lle chamou a atención ver un bote esa mañá no mar, pois había bastante vento e forte mareira.Nunca mais se soubo de Xosé Setaio nin do seu fillo Andrés, os restos do bote esnaquizado apareceron o cabo duns días na praia loureana de Vieta.E todo isto aconteceu o 6 de xaneiro de 1910 , cando os Reises Magos traian os nenos de Muros, figos pasos mollados en bagoas e salitre.

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você