Dende sempre é ben coñecida polos mariñeiros de Muros a existencia dunhas extrañas formacións lineais que se elevan sobre o leito da ria mesmo chegando algunas veces ata acadar os catro metros.
Estas formacións extendense ó longo duns 500 metros nun fondo de 25 brazas (50 metros) en dirección SW-NE.
O achado dunha ánfora por un pesqueiro muradán na debandita zona fixo entrar en escena a UABA (Universidade Autonoma do Barbanza)que despois de diversos estudos determinou que dita ánfora posue trazos e formas que dan a entender unha máis que probable procedencia fenicia.
O prestixioso catedrático da UABA Don Oswaldo Centeno Viejo xunto co seu equipo composto por arqueólogos ,catedráticos de historia ,técnicos especialistas en inmersións prolongadas… desprazouse a Muros co obxetivo de estudar o lugar en concreto.
Despois de varias semanas de traballo e multitude de extracións de evidencias do fondo mariño ,ditaminouse por parte dos especialistas que as formacións lineais que se observan dende a superficie correspondían os restos dunha muralla de pedr a,da que se datou a súa construcción a finais do século VII antes de Cristo.
Todo isto leva a pensar a falta da verificación por parte do Instituto español de Arqueoloxia que poden tratarse dos restos da antiga cidade fenicia de NEIXON.
Aínda que ata o momento a maioría dos investigadores situaba esta cidade nalgún recuncho das Rías baixas as claras evidencias demostran que será a ria de Noia Muros nas proximidades do monte Louro a que albergue tan importantes restos do paso do pobo fenicio polas nosas costas.
DIÑEIRO E CONCIENCIA ¿A QUEN SIRVE O MEU DIÑEIRO?
Hace 13 años
0 comentarios:
Publicar un comentario