Este blog foi creado por unha alumna do IES Arzúa co gallo de dar a coñecer a ria de Muros-Noia.

O MONTE LOURO E A LAGOA DE XARFAS

O monte louro é unha elevación de carácter granítico que se eleva sobre o nivel do mar, surxeu das entrañas da Terra fai dous millóns de anos no concello coruñés de Muros ,este asentase sobre unha pequena península no extremo norte da Ría de Muros e Noia , dando lugar o comezo da Costa da Morte. O monte posue un tipo de peculariedades xeomorfolóxicas que fan que estea catalogado como punto de interés xeolóxico nacional.
Lagoa de Xarfas e Monte Louro ó fondo
Ó pe do monte Louro ,por un lado atopámos o mar e polo outro a lagoa de AS XARFAS ,un espazo cerrado por unha barreira areosa ,sobre as que se desenrolaron importantes acumulacións dunares que pecharon o paso das augas do rio Longaredo ,esta posue aportes de auga de mar no inverno. A zona central é bastante profunda e presenta extensas zonas de vexetación palustre, principalmente carrizais e xuncos.. Está catalogada como Reserva de Caza e Espacio Natural a Protexer. Hoxe en día as terras que rodean a lagoa son de propiedade privada, e o lago veciñal é pastoreado aínda polo gando.


Con respecto a flora nas dunas destaca a presenza dominante do feo de mar, principal responsable da fixaxición da area, na desembocadura do rio Longarelo desenvolve-se un carrizal con xuncos e carrizo, precedido por un pequeno bosquete. A flora do Monte Louro é mas ben escasa debido o persistente azote dos incéndios forestais. Na vexetación predominan:
- Cardo Marítimo (Erygium maritimum)
- Feo (Ammophila arenaria)

- Leiteiras (Euphorbia paralis)
- Herba de Namorar (Armeria pubigeira)
Por outa banda o atractivo da fauna deste espazo radica na existéncia de numerosas especies de anfíbios, reptis e aves. Entre estas últimas, grande número de invernantes como ánade silbón, porrón moñudo, parrulo culler, cerceta, garceta... Destaca a abunante poboación de garzas e a ocasional presenza de espátula ou alcaraván. En inverno, cadrando con algun temporal podense observar fradiños ou alcas refuxiando-se nos entrantes rochosos da costa. A lontra é un visitante habitual da lagoa nas primeiras horas da mañá.
Louro ten unha enorme carga simbólica para os habitantes da costa barbanzana. A súa silueta, sempre esta presente no ollar dos mariñeiros que surcan estos mares e o seu faro sirve de aviso a pescadores e navegantes da proximidade de Os Leixons ,baixos mariños que foron testemuña de moitos naufráxios
Monte Louro di canto tardará en chegar a borrasca que entra pola liña do horizonte,cando se poñen as nubes.. se o alumar do seu faro non se ve, xa se pode un imaxinar o tempo que fará ao dia seguinte.
Dise que o nome do monte proven da silueta que se forma cando o sol se oculta tras él pero isto só son ditos e probablemente nunca o saberemos.

0 comentarios:

 
A RIA DE MUROS E NOIA - © 2007 Template feito por Templates para Você