Atopamos a ría de Noia e Muros dentro da provincia da Coruña , esta é a máis septetrional das Rias Baixas ,esta situada entre as rías de Corcubión ao norte e a de Arousa ao sur e destaca por ser a menos urbanizada da Rías.
Moi cerca da costa e casi paralela a mesma extendese a Serra do Barbanza que da nome a peninsula comprendida entre a Ría de Muros e Noia e a de Arousa ,así como a comarca coa que linda polo sur.
As augas da ría comezan na praia da “Aguieira” en Porto do Son pola súa beira sur e rematan na praia de “San Francisco” en Louro pola súa beira norte. Cabe destacar que a zona norte da ría é rochosa pola contra a zona máis meridional posee unha silueta máis suave.
As poboacións mais importantes son as que dan nome a Ría : Noia vila medieval por excelencia e Muros ,que foi fundada detrás do monte Louro como un pobo mariñeiro agachado da vista de corsarios e piratas ;outros pobos de interese son a Serra de Outes e Porto do son ,este último destaca pola existencia dunha sucesión de entrantes e saíntes nas súas costas que albergan fermosos areais.
A confluencia das augas do mar coas do Rio Tambre van a dar lugar a un hábitat no que sobreviven ameixas e berberechos que son o sustento de moitas familias da comarca. Todo aquel que se acerque ata as comarcas de Muros e Noia poderá gozar dun medio natural no que se combinan a perfección montaña e costa. En calquera das comarcas pódese disfrutar de innumerables e belísimas praias sendo algunhas delas, debido a combinación da ría cos ventos oceánicos e o mar aberto, especialmente propicias tanto para a práctica de windsurf, parapente ou vela, así como para outro tipo de deportes náuticos.
DIÑEIRO E CONCIENCIA ¿A QUEN SIRVE O MEU DIÑEIRO?
Hace 13 años
0 comentarios:
Publicar un comentario